Festas de Santiago tamén en Fazouro

Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
26 Xul 2019

A parroquia focense de Fazouro celebra as festas do Apóstolo este fin de semana, do 25 ao 27 de xullo. O 25 actuou o dúo Epo-K, pero hoxe, 26 de xullo a verbena corre a cargo de Abanico e xa mañá sábado, 27, será a Festa da Troita, cunha misa cantada na capela de San Salvador ás 12.30 horas e a sesión vermú co dúo Epo-K.
A partir das 20.30 toca repoñer forzas co reparto das racións de troita, torreznos, cachelos e pan, por cinco euros por prato. E para rematar a xornada a verbena das 23 horas estará amenizada polo dúo Epo-k e Nostalgias, de Vigo. As Festas de Santiago de Fazouro contan co Concello de Foz como colaborador.

0.069981098175049