Festas na localidade pontesa de Gondré esta fin de semana

TerraChaXa
Actuarán Almudena e o dúo Venus
programa-festas-gondre-as-pontes
Cartel
8 Xuño 2024

A localidade de Gondré, nas Pontes celebra as súas festas na honra a San Martiño esta fin de semana.

Os actos darán comezo ás 13.00 horas coa misa solemne, á que seguirá unha sesión vermú a cargo do dúo Venus. Pola noite este grupo repetirá na verbena, xunto a Almudena.

O domingo só haberá sesión vermú, a cargo de novo de Almudena, despois da misa, prevista para as 13.00 horas.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e haberá sorteos.

0.17067718505859