Filloeiras de Muimenta participaron na Festa da Filloa de Sada

TerraChaXa
Filloeiras habituais da Festa da Filloa de Muimenta acudiron este domingo á celebración do Concello de Sada da festa homónima
festa filloa sada muimenta 1
festa filloa sada muimenta 1
20 Feb 2023

Un ano máis as filloeiras habituais da Festa da Filloa de Muimenta acudiron este domingo á celebración homónima que tivo lugar no Concello de Sada, que celebrou á súa edición XXXVII.

As filloeiras chairegas xa estiveron nesta celebración no ano 2016 e o ano pasado promocionando tamén a festa que ten lugar en Muimenta o 1 de maio e que ten o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Prepararon as filloas ao máis puro estilo chairego, que gozaron do aprezo do público.

A Festa da Filloa de Sada contou con animación musical ademais da degustación deste produto como de anís, mel e café. Estas especialistas estiveron tamén a fin de semana anterior na Festa da Filloa de Pedra de Baña.

festa filloa sada muimenta 2
0.18394899368286