Filloeiras de Muimenta volverán participar na Festa da Filloa da Baña

TerraChaXa
Un ano máis  membros do colectivo filloeiro de Muimenta estarán presentes na XIX edición da Festa da Filloa da Pedra de A Baña.
31 ene 2023

Un ano máis  membros do colectivo filloeiro de Muimenta estarán presentes na nova edición da Festa da Filloa da Pedra de A Baña, que se celebrará o vindeiro sábado 11 de febreiro. A comisión organizadora da Festa da Filloa de Muimenta recibiu de novo esta invitación a sumarse aos festexos, onde ademais, o coordinador da Moexmu e da Festa da Filloa de Muimenta, José Manuel Rus Rodríguez, innaugurará dita celebración xunto ao alcalde da Baña, Andrés García Cardeso.

O programa que se levará a cabo nesa tarde, terá música, no que sobresale a Foliada Filloeira, e a propia innuguración da XIX Festa da Filloa. Pola súa parte, a xornada do domingo, terá lugar, ás 13:00 horas a lectura do pregón. En ambas xornadas, sempre estarán presentes as Filloas.

A primeira edición da Festa da Filloa da Baña celebrouse o 21/03/2004, onde xa se utilizaron as pedras de granito. No ano 2007 constituiuse a Asociación Filloas da Pedra, que actualmente conta con 25 socios e máis de cincuenta colaboradores. Habitualmente, celébrase o segundo fin de semana de marzo, anque este ano tivo que adiantar a súa celebración.

Acudirase ao Concello de A Baña, con carteis promocionais da Festa da Filloa de Muimenta.

Posteriormente, o domingo 19 de febreiro, durante toda a xornada, unha representación das filloeiras de Muimenta, acudirán á XXXVII edición da Festa da Filloa de Sada, que se celebra conxuntamente co Entroido deste concello coruñés.

A XXXII edición da Festa de Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrarase o vindeiro primeiro de maio.