Fin de curso cun xantar para as actividades sociais en Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
Terá lugar o martes 18 de xuño a partir das 14:30 horas
cartel-comida-fin-de-curso-riotorto
cartel-comida-fin-de-curso-riotorto
14 Xuño 2024

O Concello de Riotorto clausura as súas actividades sociais cun xantar que terá lugar o martes 18 de xuño a partir das 14:30 horas.  Estará amenizado polo dúo Javi Show e contará con empanada, paella e codillo, sobremesa e café e licor no menú, que terá un prezo de 25 euros por persoa.

A celebración, aberta a todo o público, terá lugar na casa da cultura de Riotorto a e a data limite de inscrición é hoxe, 14 de xuño. Terán preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.

As actividades desenvolvéronse durante todo o ano para adultos e maiores.

0.18070006370544