Finaliza o proceso de estabilización de persoal nas residencias da Diputación

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A xunta de goberno aprobou este venres o nomeamento dos traballadores que ocuparán definitivamente 16 prazas nos centros de atención a maiores da rede provincial, que dá emprego directo a 230 persoas
xunta-de-goberno-deputacion-provincial-lugo
25 Sep 2026

A xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo autorizou o nomeamento de 16 traballadores como persoal fixo das residencias de maiores da rede provincial, unha medida que supón unha mellora tanto en materia de emprego e que redundará tamén na prestación do servizo ás persoas usuarias destes centros.

A Deputación finaliza deste xeito o proceso de estabilización do persoal das súas residencias, que dan emprego directo a 230 persoas.

Os procesos leváronse a cabo por concurso-oposición. Catro prazas de fisioterapeuta, correspondían ás ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2024; cinco prazas de terapeuta ocupacional pertencían ás ofertas de emprego público dos anos 2023, 2024 e 2025 e sete prazas de enfermería formaban parte das ofertas de emprego público de 2023 e 2025.

Á marxe das residencias, a xunta de goberno autorizou así mesmo o nomeamento de cinco auxiliares e catro porteiros. Nos dous casos son para cubrir prazas correspondentes ás ofertas de emprego de 2023. No primeiro caso foi por oposición e no segundo, por concurso-oposición.

Outros acordos adoptados polo órgano provincial este venres permitirán continuar reforzando o cadro de persoal da Deputación. Por unha banda, aprobáronse a convocatoria e as bases para elaborar unha listaxe de técnico superior de márketing e publicidade para prestar servizos de carácter temporal. Tamén se aprobaron a convocatoria e as bases para cubrir unha praza de oficial de taller de libro (encargado da restauración de libros e documentos). Neste caso está reservada á promoción interna vertical.

0.094953060150146