Finalizan as reformas na Base da Unidade Operativa das Pontes

TerraChaXa
A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia informou este mércores da culminación de obras de reforma da Base de Unidade Operativa (BUO) das Pontes, nas que se fixo un investimento de 68.
unidade base operativa as pontes
unidade base operativa as pontes
11 Xan 2024

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia informou este mércores da culminación de obras de reforma da Base de Unidade Operativa (BUO) das Pontes, nas que se fixo un investimento de 68.742 euros.

Esta actuación enmárcase no Plan de Mellora das infraestruturas de Medio Rural para o período 2021-2026 e os gastos foron financiados na súa totalidade a través de fondos FEDER React.

A actuación consistiu no acondicionamento de vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacéns para material e instrumental de traballo, ademais dos recintos para gardar os vehículos.

Esta Base atópase no municipio das Pontes e é o punto de encontro para o persoal das brigadas forestais. Coa mellora nas instalacións preténdese, destacou a consellería, "favorecer a conciliación entre descanso e traballo dos bombeiros e axentes".

0.1226749420166