Formoso critica en Lugo "o colapso" da Atención Primaria

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Valentín González Formoso criticou o anuncio de que o Sergas formará ao persoal de enfermería para asumir as funcións dos médicos
reunion atencion primeira formoso psoe
16 Nov 2022

Denuncia a proposta da Xunta para que o persoal de enfermaría asuma tarefas dos médicos nos PAC.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou onte o anuncio feito polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) de que formará ao persoal de enfermería para asumir as funcións dos médicos. Subliñou tamén que levan anos denunciando, xunto cos colectivos do sector en Galicia, as imaxes que agora se amosan noutras comunidades.

O líder dos socialistas galegos fixo referencia á nova de que o persoal de enfermería de atención primaria dos centros de saúde da área sanitaria de Pontevedra-Salnés recibirán formación específica para atender aos pacientes exercendo de médicos, ante a falta dos mesmos. Formoso da por feito que esta práctica non tardará en estenderse ao resto do territorio galego.

Entende que isto amosa “ a renuncia do goberno galego a ter unha sanidade pública de calidade”, xa que obrigarán a “cargar de máis competencias” que lle son impropias  a un persoal de enfermería “desmoralizado” cun “deterioro constante das súas condicións laborais”, que ven agravado polo esforzo especial realizado durante a pandemia que fixo un sacrificio persoal, sinalou.

Valentín González Formoso indica que así o PP vai a seguir forzando a marcha do talento galego, xa que os mozos e mozas formados en enfermería non quererán traballar nesas condicións e non se fai “ningunha medida para reter aos MIR que se forman cos cartos dos galegos e das galegas”, polo que está situación é para el un claro “fracaso como país”.

En canto ás imaxes vistas nos medios de comunicación da situación sanitaria doutras comunidades autónomas e que agora están de actualidade, Formoso recordou que levan “anos denunciando esta situación no noso país, xunto cos colectivos de profesionais e usuarios”, xa que en Galicia o deterioro da sanidade pública vai por diante do que hai no resto do Estado tras 13 anos de goberno popular.

O secretario xeral dos socialistas galegos atendeu aos medios no contexto dunha reunión coa Federación Galega de Comercio en Lugo, onde puxo en valor ao pequeno comercio, ao que “calquera formación que aspire gobernar o país ten que defender, xa que son unha parte esencial da economía e xeradores de emprego”. Acudiu acompañado, entre outros, do presidente da Deputación de Lugo, José Tome, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

0.14743900299072