Foz volve dar a nota co espectáculo entre a París de Noia e a Panorama

TerraChaXa | AMariñaXa
17 Jul 2019

O entorno da basílica de San Martiño de Mondoñedo en Foz será o escenario dun novo encontro entre as dúas principais orquestras, como son a París de Noia e a Panorama. A organización prevé superar as cifras de asistencia que acadaron os 20.000 espectadores o pasado ano. As datas nas que a festa se vai desenvolver esta cita serán as do vindeiro fin de semana, os días 19, 20 e 21.
Aínda que o día grande será o 20, na xornada anterior comeza o festexo ás 21.30 co pregón a cargo da asociación Virxe do Carme de San Martiño. Ademais dunha gran churrascada e de paella, os asistentes desfrutarán á noite da música do Combo Dominicano e de Claxxon.
O día grande, o 20 de xullo, iníciase ás 13.30 horas cunha misa solemne e a continuación, na sesión vermú actuará o grupo Epo.K. E xa á noite, o prato forte o servirán no escenario as afamadas París de Noia e Panorama.
Trala misa das 13.30 do domingo 21, o grupo Epo.k porá o broche de ouro a esta festividade.
O venres e o sábado, a organización disporá de autobuses, se ben quen requira máis información pode consultala en morangrupo.es. Os asistentes terán tamén amplos aparcadoiros e zonas de campada e merendoiros para pasar o fin de semana. A empresa Saa é a principal promotora do evento que conta con numerosos apoios institucionais e de todo tipo.

0.17029905319214