Francisco Xavier Novo será o candidato do BNG á Alcaldía de Vilalba nas eleccións municipais de 2027

O BNG de Vilalba presentará este sábado 17 de outubro a Francisco Xavier Novo como candidato á Alcaldía nas eleccións municipais de 2027. O acto terá lugar ás 18.00 horas na praza de Santa María, aínda que, en caso de choiva, trasladarase ao mercado municipal.
Novo, veciño da parroquia de Alba, é profesor de autoescola e fotógrafo. A súa candidatura darase a coñecer nun acto no que tamén participarán Zaida Currás, de Galiza Nova, e Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, que acompañarán ao cabeza de lista.
O candidato toma así a remuda de Tino Alvite, que encabezou a candidatura nacionalista nas eleccións municipais de 2023 e que presentou a súa renuncia como edil hai unhas semanas. Afonso Baamonde ocupará o seu posto no Concello ata o remate do mandato actual.
Coa presentación de Francisco Xavier Novo, o BNG de Vilalba comeza a preparar a súa proposta electoral para os comicios municipais de 2027.