Friol acolle a sesión informativa sobre as xestións nas administracións

TerraChaXa | LugoXa
O luns 23 de xaneiro, ás 10.
21 Jan 2023

O luns 23 de xaneiro, ás 10.15 horas terá lugar no Centro Colaborativo de Friol a sesión informativa A Administración Cerca de Ti, que pretende axudar ós habitantes dos pobos para que poidan realizar xestións por vía telemática nas distintas administracións públicas.

Este programa piloto que beneficiará a un total de 7,5 millóns de habitantes de pobos pequenos de toda España ó recibir servizos da Administración Xeral do Estado nos seus concellos, foi presentado pola ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.

Tal e como agirma Rodríguez o que se busca é "facilitar que os habitantes dos pobos non teñan que desprazarse e poidan realizar os trámites dende o seu municipio".

O obxectivo do Gobierno é achegar a Administración á ciudadanía para fortalecer a cohesión social e territorial, combater a brecha dixital e reforzar a igualdade de oportunidades, segundo a ministra "transformando o noso país e facendo unha Administración máis útil e próxima".

A primeira fase da iniciativa, impulsada dende o Ministerio de Política Territorial conxuntamente co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, desenvolverase nun total de 3.200 municipios españois.

Agora é a quenda de Friol, un día no que os cidadáns só tenrán que desprazarse ao centro sociocultural para contar coa súa firma dixital, coa que poderán acceder ós trámites e servizos dixitais, evitando desprazamentos innecesarios e o custe económico que iso representa.

O obxectivo é informar ós cidadáns dos trámites e prestacións, acompañalos, axudalos, orientalos para un mellor aproveitamento da Administración e combater as fendas dixitales, territoriais e de xénero.

0.17656517028809