Friol acolle a última sesión do ciclo Tecendo Cultura sobre artesanía
Este sábado 29 de abril, ás 18.00 horas, o GDR Comarca de Lugo celebra a terceira das catro xornadas do Ciclo Tecendo Cultura, que leva por título Camiños de identidade. Artesanía entre o antes e o agora.
Participan nesta sesión Idoia Cuesta e Maialen Arranz, que contarán a súa experiencia como emprendedoras no mundo da artesanía.
O evento será presentado por Sergio Pazos.
Ao rematar, o grupo de folk Os Liantes ofrecerán un pequeno showcase e poderán degustarse os produtos locais a cargo de Ecotenda Traloagro.
O ciclo enmárcase nun proxecto de traballo en rede que trata de fomentar o emprendemento cultural e artístico no rural e que promove o GDR Comaraca de Lugo xunto cos homónimos da comarca de Ordes e da Ribeira Sacra - Courel.
O lugar de celebración será a praza Andón Cebreiro,
A inscrición, ata completar aforo realízase neste enlace.