Friol acolle a última sesión do ciclo Tecendo Cultura sobre artesanía

TerraChaXa | LugoXa
Este sábado 29 de abril, ás 18.00 horas, o GDR Comarca de Lugo celebra a terceira das catro xornadas do Ciclo Tecendo Cultura.
CICLO TECENDO CULTURA FRIOL
CICLO TECENDO CULTURA FRIOL
28 Abr 2023

Este sábado 29 de abril, ás 18.00 horas, o GDR Comarca de Lugo celebra a terceira das catro xornadas do Ciclo Tecendo Cultura, que leva por título Camiños de identidade. Artesanía entre o antes e o agora.

Participan nesta sesión Idoia Cuesta e Maialen Arranz, que contarán a súa experiencia como emprendedoras no mundo da artesanía.

O evento será presentado por Sergio Pazos.

Ao rematar, o grupo de folk Os Liantes ofrecerán un pequeno showcase e poderán degustarse os produtos locais a cargo de Ecotenda Traloagro.

O ciclo enmárcase nun proxecto de traballo en rede que trata de fomentar o emprendemento cultural e artístico no rural e que promove o GDR Comaraca de Lugo xunto cos homónimos da comarca de Ordes e da Ribeira Sacra - Courel.

O lugar de celebración será a praza Andón Cebreiro,

A inscrición, ata completar aforo realízase neste enlace.

0.18170595169067