Friol acolle este sábado o espectáculo teatral infantil 'Cantaruxa Catuxa'

LugoXa | TerraChaXa
Esta narración oral teatralizada conta a historia de Catuxa e súa avoa Adolfina, que manteñen unha relación moi especial, estreitamente vinculada á música
cantaruxa
6 Nov 2026

O Centro Sociocultural de Friol acollerá este sábado, 7 de novembro, ás 17:30 horas, o espectáculo infantil Cantaruxa Catuxa, da compañía Loia Producións.

Esta narración oral teatralizada conta a historia de Catuxa e súa avoa Adolfina, que manteñen unha relación moi especial, estreitamente vinculada á música.

Esta cita, enmarcada no Circuíto de Teatro Profesional da Deputación de Lugo, é unha ocasión xenial para pasar unha tarde divertida en familia.

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala.

0.15457201004028