Friol acolle un curso de primeiros auxilios este mércores

LugoXa | TerraChaXa
Será no salón de actos do centro sociocultural de 16.00 a 21.00 horas
curso-de-primeiros-auxilios-rabade-portada
Cartel
8 jun 2024

O Salón de Actos do Centro Sociocultural de Friol será o escenario elixido para acoller un curso de primeiros auxilios. Esta xornada formativa ten como finalidade que os veciños adquiran os coñecementos básicos para o manexo de situacións de urxencia máis frecuentes.

O programa promoverá que os cidadáns obteñan as nocións básicas para unha correcta actuación ante situacións de emerxencia que requiran primeiros auxilios. Por iso consta das seguintes seccións: Como chamar ao 061? Asistencia inicial ante un traumatismo: feridas e hemorraxias. Convulsións e crise epiléptica. Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc. Dor torácica. Queimaduras: escaldadura. Perda de coñecemento: síncope, coma,.. Diabetes: hipoglicemia. Reaccións alérxicas. Picaduras e mordeduras. Reanimación Cardiopulmonar Básica: atragoamento e recoñocemento dunha PCR (parada cardiorrespiratoria).

Este curso está aberto a toda a poboación e se realizará este mércores, 12 de xuño.

O horario da actividade é de 16.00 horas ata as 21.00 horas.

curso-primeiros-auxilios-friol-cartel