Friol acolle un espectáculo sobre a posición da muller de Zoelas

LugoXa | TerraChaXa
Será o domingo 4 de agosto, ás 18.00 horas na casa da cultura
espectuculo-zoelas-en-friol
Zoelas
27 Xul 2024

A casa da cultura de Friol acollerá o próximo domingo, 4 de agosto, un espectáculo de música a cargo de Zoelas co título Des(a)fiada. Tecendo música, fiando memoria.

Como en case todas as historias, sempre hai dúas caras dunha mesma moeda. A muller ao longo dos tempos, tocoulle case sempre ficar na cara non protagonista, na menos visible, pero non por iso na que máis doado resulta habitar.

O proxecto-espectáculo Des(a)fiada pretende analizar cal foi aposición da muller no rural de Galicia nos grandes acontecementos da historia a través dos seus propios testemuños.

O espectáculo musico-audiovisual achegará ao público, sempre cunha mirada feminina e procurando a reflexión necesaria para o feminismo, vivencias no tempo da guerra e posguerra, na emigración, a emancipación da muller a través do negocio da costura ou a diversidade no rural.

Na guerra non só loitaron os homes, tamén o fixeron as mulleres agardando, en moitas ocasións, a peor das noticias, mentres non se permitían fraquear un só segundo porque había persoas e menores, que dependían desa afouteza supra humana.

0.15139222145081