Friol acollerá o domingo próximo a cuarta proba da Transgalaica de MTB

LugoXa | TerraChaXa
O domingo 7 de abril os amantes do ciclismo de montaña terán unha nova cita en Friol coa celebración da cuarta proba da Transgalaica - Maratón MTB Series.
transgalaica-mtb-friol-portada
31 Mar 2024

O domingo 7 de abril os amantes do ciclismo de montaña terán unha nova cita en Friol coa celebración da cuarta proba da Transgalaica - Maratón MTB Series. Esta chega despois do seu paso por Cercedo-Cotobade, Ames e Silleda, e Terá o seu fin en Manzaneda o 21 de abril.

Os participantes desta proba ciclista de montaña poderán gozar a partir das 09.30 horas dunha competición que se desenvolverá nun circuíto de arredor de 68,92 quilómetros e un desnivel positivo de 1.375 metros e outros tantos negativo, que transcorrerán por distintos puntos da localidade. A saída da proba será desde o Concello.

As categorías da proba serán: S23, elite, junior, M30, M40, M50 e M60 na modalidade masculina e júnior, S23, elite e master na modalidade feminina. A categoría Open estará formada polas modalidades cicloturistas e licenzas de 1 día.

A inscrición pechará o 3 de abril.

0.16026210784912