Friol acollerá o este sábado un Espazo Seguro para apoiar as familias

LugoXa | TerraChaXa
A xornada pretende contribuír así a reforzar o apoio ás familias e a visibilizar a importancia de contar con recursos e espazos de acompañamento para as persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e o seu contorno
esapzo-seguro-familias-friol
11 Sep 2026

O Concello de Friol abrirá o este sábado, 12 de setembro, un Espazo Seguro no Centro Sociocultural municipal, unha iniciativa dirixida ás familias e promovida en colaboración con Capaces Lugo para ofrecer un lugar de encontro no que falar, escoitar, compartir e acompañarse.

A actividade desenvolverase entre as 11.00 e as 13.00 horas e terá entrada libre. A proposta busca especialmente achegar apoio ás familias do ámbito rural e facilitarlles un espazo no que poidan compartir experiencias e atopar acompañamento.

A iniciativa forma parte do Programa de capacitación para a atención a nenos/as con TEA en ámbito rural da Federación Autismo Galicia, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social.

Desde o Concello de Friol animan as familias a participar na actividade e a compartir a convocatoria con aquelas persoas ás que poida resultarlles de utilidade. "Porque acompañar tamén é coidar. E en Friol, as familias importan", sinalan desde o consistorio.

A xornada pretende contribuír así a reforzar o apoio ás familias e a visibilizar a importancia de contar con recursos e espazos de acompañamento para as persoas con trastorno do espectro autista (TEA) e o seu contorno.

0.16806101799011