Friol acollerá unha charla sobre as velutinas dentro do ciclo Lambiscadas Científicas

LugoXa | TerraChaXa
A sesión permitirá coñecer mellor esta especie invasora, as súas consecuencias e as principais medidas de prevención para facerlle fronte
lambiscadas-cientificas-velutina-friol
28 Oct 2026

A Escola de Vilalvite, en Friol, acollerá este venres, 30 de outubro, ás 21.00 horas, unha charla divulgativa sobre a avespa velutina e o seu impacto, organizada no marco da iniciativa Lambiscadas Científicas: ciencia en boa compañía.

A sesión permitirá coñecer mellor esta especie invasora, as súas consecuencias e as principais medidas de prevención para facerlle fronte. A actividade está pensada para achegar a ciencia á veciñanza dun xeito próximo e accesible, facilitando información útil sobre unha cuestión que preocupa especialmente no ámbito rural.

A convocatoria está promovida pola Asociación de Veciños Agro Pena de Vila, de Vilalvite, e conta coa colaboración de distintas entidades vinculadas á divulgación científica, entre elas XuvenLab, XuvenCiencia, a Deputación de Lugo, a FECYT e a Universidade de Santiago de Compostela.

A charla desenvolverase nun ambiente divulgativo e participativo, co obxectivo de ofrecer información sobre a velutina e contribuír á prevención dos problemas asociados á súa presenza.

0.18381595611572