Friol acollerá unha conversa arredor da escritora Begoña Caamaño polo Día das Letras Galegas

LugoXa | TerraChaXa
A iniciativa pretende afondar na traxectoria literaria e no legado cultural da autora galega a través dun encontro aberto ao público
begona-caamano-friol
15 May 2026

O Centro Sociocultural de Friol acollerá o vindeiro sábado 16 de maio, ás 17.30 horas, unha actividade centrada na figura da escritora galega Begoña Caamaño con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2026.

Baixo o título Conversas ao redor da escritora Begoña Caamaño, a iniciativa pretende afondar na traxectoria literaria e no legado cultural da autora galega a través dun encontro aberto ao público.

A actividade estará dinamizada por Noelia Rodríguez Álvarez e Laura Pardo Vila, que conducirán unha sesión de diálogo e reflexión arredor da obra e da influencia de Caamaño na literatura galega contemporánea.

O acto forma parte da programación cultural organizada arredor das Letras Galegas e conta coa implicación do Concello de Friol e da entidade Carballo Vivo.

0.086846828460693