Friol celebrará a noite de San Xoán cunha gran cea popular e fogata no Mercado Gandeiro

LugoXa | TerraChaXa
As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse antes do 20 de xuño a través dos teléfonos habilitados pola organización
festa-san-xoan-friol
18 Jun 2026

A Asociación Cultural Santa Isabel organiza unha nova celebración da noite de San Xoán en Friol, que terá lugar o vindeiro 23 de xuño a partir das 21.30 horas no Mercado Gandeiro da localidade.

A cita contará cunha cea popular previa á tradicional fogata, na que os asistentes poderán degustar sardiñas, churrasco, liscos, chourizos, bebida e sobremesa. O prezo será de 20 euros para as persoas socias da entidade organizadora e de 25 euros para as non socias.

A organización anima á veciñanza a participar nunha das noites máis emblemáticas do calendario festivo galego, na que non faltarán a música, a diversión e a tradicional queimada para acompañar a celebración.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse antes do 20 de xuño a través dos teléfonos habilitados pola organización. A actividade busca reunir a veciños e visitantes arredor das tradicións propias do San Xoán, nun ambiente festivo e de convivencia.

0.12930393218994