Friol converterase na capital galega do queixo e do pan o 20 de marzo

TerraChaXa | LugoXa
O próximo día 20 de marzo celebrarase a XXVIII Edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá no Concello de Friol, tras dous anos.
Friol 28 edicion Queixo Feira 2022 1
7 Mar 2022

O Concello ten preparado un ambicioso programa de actividades para celebrar a 28ª edición da Feira do  Queixo e Pan de Ousá de Friol, e que nesta ocasión adiantarase ás 9.30 horas a apertura da Feira, así podendo dispoñer de máis tempo para organizar e velar polo cumprimento dos protocolos.

Así, o vindeiro 20 de marzo Friol convertirase un ano máis na capital galega do Queixo e do Pan. "Confío que entre todos conseguiremos que a nosa Feira rexurda de novo para que continúe  sendo o maior escaparate turístico e gastronómico de Friol; que axuda a dinamizar de  maneira vital a actividade económica local do Concello, especialmente o sector primario; e  que se mantén como un dos nosos principais sinais de identidade como Friolenses", dixo o rexedor friolense José A. Santos. 

Este ano reordenan a ubicación dos espacios interiores para cumprir coas distancias de seguridade e as normas establecidas polas autoridades sanitarias e reforzan os protocolos de sanidade, seguridade, limpeza e desinfección, sempre velando pola seguridade dos nosos expositores e visitantes. 

O Queixo de Friol e o Pan de Ousá son dous produtos totalmente artesáns. Ambos están  elaborados coas mellores materias primas do Municipio, e contan cun elemento  fundamental para conseguir a calidade pola que se caracterizan, que é "o cariño que as nosas  queixeiras e os nosos panadeiros e panadeiras amosan no momento da súa elaboración", dixo Santos. 

Este ano contarán con preto de 90 queixeiras que expoñerán unhas 14.000 pezas de queixos e tamén haberá 5 panaderías de Ousá presentando os seus  produtos e cunha previsión de máis de 4.000 pezas de pan expostas.

O eixo principal da Feira volverá situarse nunha grande carpa ubicada na praza Andón Cebreiro para a exposición dos produtos xunto a ela se situará o stand municipal onde a  partires dás 13.00 horas ofrecerase un viño e unha degustación gratuíta de queixo de Friol e pan de Ousá. 

Arredor da carpa instalaranse outros postos de venda dos diferentes produtos agroalimentarios do Municipio, nesta edición ubicados en stands independientes e sen contacto entre expositores. E na praza Rosalía de Castro estarán expostos produtos de diferentes sectores, como por exemplo artesanía, textil, distintos tipos de viños, sidras ou  licores. 

As rúas Deputación e Santa Isabel permanecerán pechadas ao tráfico, dado que estarán destinadas á montaxe de polberías e de tendas ambulantes e Como en anos anteriores, todos estes stands non terán que pagar ningún tipo de taxa Municipal. 

Os prezos máis ou menos continuarán nas cifras de edicións anteriores, aínda que é certo que  pode haber unha pequena alza posto que o custe da materia prima para a alimentación do gando subeu moito e ten que repercutir inevitablemente no produto final no caso do queixo. O mesmo ocorre no caso da elaboración do pan, xa que os custes de produción tamén se  dispararon neste último ano. Estímase que un queixo fresco de un quilo pode andar polos 6 euros, 8 euros o semicurado e un queixo curado en torno a 10 euros. O prezo do quilo de pan estará entre 2,40  e 2,50 euros. 

Programa da XXVIII Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá 

  • Ás 9.30 comezará a Feira co tradicional lanzamento de foguetes.  
  • Ás 10.00 horas asignaranse os stands ás queixeiras e panaderías que participen.
  • Ás 11.00 horas será a apertura da Feira co simbólico corte de cinta, que nesta  ano correrá a cargo dun panadeiro. 
  • Durante toda a mañá haberá actuacións de pasarrúas e charangas polas rúas do  Concello. Este ano participarán a Xesta Verde de Friol e Cantos de Taberna Son Outeiro, de Outeiro de Rei. 
  • Ás 19.00 horas celébrase un concerto folk no salón de actos do centro sociocultural de Friol, que este ano corre a cargo de Airiños da Freba e que se prolongará ata as 20.30 horas.
  • 22.30 horas comezará a romaría amenizada pola a orquestra Los Satélites e que rematará sobre as 2.00 da madrugada.
0.14959716796875