Friol convoca para o 2 maio a XII edición da Carreira Popular

LugoXa | TerraChaXa
O prazo de inscrición estará aberto ata o martes 28 de abril e esta pode facerse en Champion Chip Norte
carreira-popular-friol-5
18 Apr 2026

Friol celebrará o sábado 2 de maio, unha nova edición da súa carreira popular. Terá saída na Praza de España (diante do Concello) unha vez máis e haberá dous grupos: as de menores, que comezarán ás 17:15 horas con sete grupos diferentes (100, 300, 700, 1.400 e 5000 metros), e a absoluta, que terá como hora de inicio las 18:00 horas.

O recorrido da categoría absoluta será de cinco quilómetros, que se inicia na Praza de España, continúa pola Avenida de Lugo, ao pasar a gasolineira, estrada dirección Ousá ata a rotonda, onde se toma a circunvalación dirección Friol, Rúa Santa Isabel ata enlazar coa Avenida de Lugo, e á altura do colexio dáselle unha volta ao mesmo para entrar na meta.

A entrega de premios será sobre as 19:00 horas diante da casa consistorial. Haberá unha camiseta conmemorativa para todos os participantes e cesta de produtos típicos para os tres primeiros clasificados na masculina e na feminina da absoluta. Tamén haberá trofeos para os primeiros nas categorías infantís, agás para nos máis pequenos, que recibirán todos medalla.

O prazo de inscrición estará aberto ata o martes 28 de abril e esta pode facerse en Champion Chip Norte. A inscrición será gratuíta para os menores de idade e o resto abonarán 3 euros.

Esta celebración deportiva xa é característica do Concello de Friol, pois debido ao éxito das anteriores edicións e ao aumento de público e participantes en cada nova edición, o Concello de Friol, continuará involucrándose tanto económica como organizativamente para poder repetir cada ano probas deportivas de este tipo.

0.10377311706543