Friol homenaxea ás traballadoras de axuda no fogar polo 8M

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol, a través da montaxe dun pequeno vídeo, quixo facer protagonistas a todas as traballadoras de axuda no fogar.
8m dia da muller friol video
8m dia da muller friol video
9 mar 2023

O Concello de Friol, a través da montaxe dun pequeno vídeo, quixo facer protagonistas a todas as traballadoras de axuda no fogar, que fan un labor imprescindible coas persoas dependentes do concello, en este 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

O domingo pasado fixeron unha xuntanza de varias das traballadoras, xunto co traballador social de Friol e parte do equipo de goberno, no centro sociocultural, onde mantiveron unha charla sobre a evolución deste servizo nos últimos anos, sobre a problemática que sufriron durante a pandemia do 2020, entre outras moitas cousas. Remataron esta xuntanza con uns pinchos para todas as persoas que asistiron.

Cabe destacar que fai uns quince anos eran dúas as mulleres que traballaban en este servizo, e agora mesmo son arredor de trinta as rapazas que atenden ás persoas dependentes do municipio.

Durante o ano 2022 prestáronse un total de 32.617 horas de servizos, nos domicilios das persoas usuarias, a través de este equipo de traballadoras.

O alcalde José Á. Santos dixo que “con este pequeno xesto, queremos agradecer a implicación que teñen estas mulleres no día a día coas persoas dependentes de Friol, mellorando a súa calidade de vida e permitindo que poidan seguir vivindo nas súas casas, e queremos así facer un pouco mais visible o seu imprescindible labor dentro da sociedade”.