Friol recibe unha subvención para acondicionar o centro social de Vilalbite

TerraChaXa | LugoXa
O Conselleiro de Medio Rural e o Alcalde de Friol acordaron o financiamento do 100% das obras de urbanización do centro social de Vilalvite.
convenio friol centro social vilalbite
31 Mar 2023

O alcalde de Friol, José Á. Santos, xunto co conselleiro de Medio Rural, José González, e a Directora de Agader, Inés Santé, mantiveron unha xuntanza co obxectivo de ultimar os detalles para conveniar entre ambas administracións o financiamento a través de Agader para facer realidade este proxecto, gracias ao cal se poderán levar a cabo as obras de urbanización exterior e rehabilitación do centro social de Vilalvite, que tan necesarias eran para esta parroquia.

As obras que se van realizar ascenden a uns 132.000 €, que serán financiadas na súa totalidade pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural.

As obras levaranse a cabo sobre a edificación existente, que é a antiga escola unitaria da parroquia de Vilalvite, e do seu entorno inmediato.

Acondicionarase a parcela onde se sitúa a edificación creando un espazo público para uso e desfrute dos veciños. Ao caron da antiga escola crearase unha superficie horizontal empedrada da que parten a rampla e a escaleira da edificación, no resto da parcela manterase o estado natural e acondicionarase para aparcar vehículos, así como tamén se contará con un entorno verde mantendo a mesma topografía.

En canto á intervención na edificación existente manterase basicamente a mesma distribución adaptando o aseo e a rampla para cumprir coa normativa de accesibilidade, cambiaranse as carpinterías e acabados interiores e exteriores e renovaranse todas as instalacións.

Rehabilitaranse as cubertas da edificación, incluso estrutura e tamén se acondicionará a escaleira exterior existente.

Dende Friol, o seu alcalde Jose Á. Santos, resalta que “unha vez mais a Xunta de Galicia apoia a Friol con unha obra moi necesaria para os veciños da parroquia de Vilalvite, os cales viñan demandando esta actuación dende fai un tempo, e que agora, gracias a este convenio coa Consellería de Medio Rural, poderemos facer realidade”.

0.1685848236084