Friol recorda ao ex alcalde José María Varela nunha rúa

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol quixo facer unha pequena homenaxe ao que fora alcalde de Friol, José María Varela Guerreiro.
homenaxe ex alcalde friol varlea guerreiro
11 Apr 2022

O Concello de Friol, representado polo seu alcalde, Jose Ángel Santos, e parte da súa corporación, quixo facer unha pequena homenaxe ao que fora alcalde de Friol, José María Varela Guerreiro.

A este acto asistiu gran parte da familia do defunto alcalde, entre os que se atopaban a súa viúva, Carmen Castiñeira, as fillas, Carmen e Lourdes Varela, e os seus netos, María, José e Manuel Maseda.

Tamén asistiu ao acto o actual director do colexio público de Friol, Felipe Barata.

Esta homenaxe foi propiciada polos citados netos, que foron os que se puxeron en contacto co actual alcalde de Friol, xa que querían recordar de algunha forma, case 40 anos despois, ao seu querido avó. Eles non chegaron a coñecelo, pero sempre tiveron unha vinculación especial con Friol e sempre o recordarán como unha persoa importante para este pobo.

Este bo e querido alcalde exerceu o seu mandato no pobo friolés dende o ano 1976 ata o ano 1984. O seu mandato, que compatibilizaba co seu posto como director e mestre no colexio público do municipio, rematou en setembro do 1984 debido a que a morte o chamou antes de tempo, aos 48 anos de idade. Naceu na parroquia de Ousá e casou con Carmiña, tamén mestra do mesmo centro escolar, nacida na parroquia de Narla.

O proxecto no que estaba traballando era nas traídas de auga para o municipio, que era unha obra moi importante para os veciños e veciñas en aqueles momentos.

Con este acto de descubrimento da placa na “Rúa Varela Guerreiro” preténdese recordar a este rexedor que tivo o pobo de Friol, e agradecer á súa familia a gran labor que el fixo polo pobo.

O alcalde actual, Jose Ángel Santos, e un dos seus netos, Manuel Maseda, dedicaron unhas bonitas palabras a José María Varela Guerreiro e á súa labor tanto como alcalde como tamén como director e mestre do colexio público de Friol, no cal tamén era moi querido polo seu alumnado. O seu neto, Manuel, quixo deixar claro que “unha persoa morre cando se olvida, mentras sexa recordada, segue viva”, facendo clara referencia á presencia diaria que ten o seu avó nas súas vidas.

Mocidade da Deputación de Lugo colabora con Bóla Meiga na organización do Máster Nacional de Futbolín, que se celebrará do xoves ao sábado en Rábade. Despois da interrupción motivada pola pandemia, a área dirixida por Mónica Freire retomou o apoio ao colectivo rabadense, que última os preparativos do evento, con máis de 500 persoas inscritas a dous días para que se peche a inscrición -mércores, ás 14.00 horas-

A deputada sinalou que “o apoio a esta iniciativa se encadra na colaboración que desde a área de Mocidade mantemos co tecido asociativo, facilitando que colectivos como neste caso Bóla Meiga lle dean continuidade a un torneo con máis de dúas décadas de traxectoria, que ten unha gran repercusión social, mobilizando especialmente á mocidade, e que xenera tamén unha importante actividade económica no concello”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18110013008118