Fruga acusa de discriminar ao rural na xestión do transporte escolar

TerraChaXa | AMariñaXa
A Federación Rural Galega (Fruga) fixo un comunicado para valorar o informe elaborado pola Confederación das anpas galegas  a respecto do transporte escolar para o alumnado non universitario centrado especialmente nas zonas rurais da Galiza.
20 Dec 2020

A Federación Rural Galega (Fruga) fixo un comunicado para valorar o informe elaborado pola Confederación das anpas galegas  a respecto do transporte escolar para o alumnado non universitario centrado especialmente nas zonas rurais da Galiza.

Segundo explican, este estudo constata que o alumnado maior de 16 anos, que reside no rural galego, sofre unha "clara discriminación" a respecto do que vive en espazos mais urbanos. "Este trato discriminatorio ven determinado porque a partir dos 16 ano o ensino deixa de ser obrigatorio co que Administración galega deixa a todo este alumnado sen o servizo de transporte escolar, algo esencial vivindo no rural e tendo os centros de ensino nas vilas, co que en moitos casos este se ve obrigado a abandonar o seu entorno, e mesmo a abandonar os estudos, no peor dos casos, ou a ter de realizar desprazamentos no transporte ordinario, que na maioría das ocasións non se adapta ás súas necesidades horarias nen de ruta", din.

"Esta situación contribúe a afondar aínda mais no abandono do rural, xa que os e as mozas que viven no rural non poden desfrutar das mesmas oportunidades que o resto debido ás dificultades que teñen de enfrontar, ao que hai que acrecentar os elevados custes económicos que esta situación supón para as familias. Favorécese deste xeito unha desvinculación afectiva deste alumnado co seu entorno familiar, social, cultural e económico, o que supón que uma parte importante non queira ou poida volver ao seu medio natural de orixe", engaden.

"A estas alturas ninguén nega que a falta de infraestruturas tanto técnicas como materiais, unha sanidade deficiente, educación que non cubre as demandas da poboación que vive no medio rural, uns servizos asistencias á infancia e ás persoas maiores insuficientes e non adaptados a nosa realidade, a falta de alternativas lecer e unhas condicións económicas que non satisfacen as necesidades básicas, porque os prezos pagos polos produtos da actividade agropecuaria non cobren nen os custes de produción, están no cerne do despoboamento rural", indican.

Desde Fruga indican a Feijoo "que non chega con campañas grandilocuentes de propaganda anunciando lexislacións do rural como na anterior, nen os anuncios como os das aldeas modelo ou os polígonos agroforestais desta chegan para atender as necesidades da poboación rural da Galiza".

"O que precisamos os e as que vivimos no rural galego son condicións de vida digna. Prezos xustos para os nosos produtos, dotación de infraestruturas técnicas e materias que den cobertura a maior parte do noso territorio, uns servizos asistencias tantos sociais como técnicos adaptados á nosa realidade, ou un sistema educativo que non nos discrimine, como acontece co transporte para o alumnado de educación non obrigatoria", conclúen.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17280006408691