Fruga advirte dun aumento de consumo de lácteos que non redunda en beneficio ao produtor
Segundo indica Fruga, a Federación Rural Galega, nos últimos días, estase a producir un aumento considerable de consumo de leite como alimento de primeira necesidade. Exemplos como a multinacional Lidl, que aumentaba a compra de leite liquido nun 23% durante o mes de marzo, o que ten obrigado ás industrial lácteas galegas a aumentar considerablemente a súa produción, mesmo chegando a facer uso de cisternas cargada de leite procedente de diversos puntos da xeografía europea. Datos que veñen a confirmar que nestes intres, hai un aumento considerable de consumo de leite.
Neste contexto, "observamos certas prácticas nalgunhas industrias, que están intentando baixar os prezos de forma encuberta, ou ben xa directamente. Caso de leite Celta e Lactalis, que están a aplicar baixadas de 0,03 euros litro na produción ecolóxica, industrias como Reny Picot ou Naturleite que lle ofrecen contratos de 3 meses os gandeiros e gandeiras, ou casos de doutras industrias que intentan promover certo modelo de leite diferenciado ligado a promesas de aumento de prezo que non sabemos en que vai quedar", aseguran.
Fruga considera que estas actitudes por parte das industrias son "totalmente inxustificables". Aseguran que "cando realmente hai un aumento considerable da demanda, non se sostén a aplicación de toda este serie de baixadas encubertas. No sector lácteo galego os abusos da industria son frecuentes, en parte debido a que a administración competente, neste caso a propia Xunta de Galiza, non pon a funcionar ningún tipo de órgano interprofesional que impida unhas relacións comerciais inxustas, que sempre acaban prexudicando ás explotacións gandeiras. En cambio os beneficios da industria e da distribución non sofren ningún tipo de baixad"a.
A Federación Rural Galega insta as industrias lácteas a acabar con este tipo de prácticas, e a propia Administración Galega a pór en marcha os mecanismos oportunos para evitar estas prácticas discriminatorias coas explotacións lácteas galegas. "Se nestes momento existe unha aumento da demanda do leite liquido, non se xustifica aplicar baixadas, senón manter os contratos asignados, e o mesmo tempo evitar contratos trimestrais ou cousas semellantes", conclúen.