Fruga cuestiona a representación do sector leiteiro na INLAC

TerraChaXa
FRUGA cuestiona e a representatividade do sector produtor na INLAC e a utilidade das actuais organizacións de produtores.
11 sep 2018

FRUGA cuestiona e a representatividade do sector produtor na INLAC e a utilidade das actuais organizacións de produtores.

En datas pasadas a interprofesional láctea española solicitoulle o Ministerio de Agricultura, que lle autorice a recadar nos próximos anos unha cantidade de 11,7 millóns de euros, dos cales a metade serán pagos polas explotacións lácteas, a  costa do prezo do leite. A medida en principio aféctalles ás 7763 explotacións lácteas que a día de hoxe quedan en Galiza.

FRUGA considera que se está a vulnerar a normativa de representatividade, tendo en conta, que a interprofesional non acreditou as condicións de representatividade requiridas, e ao mesmo tempo os gandeiros  e gandeiras vamos ter que pagar unha cantidade que dobra a actual.

As explotacións non asignamos ningún tipo de representatividade as organizacións que forman parte da interprofesional. Partimos da base de que en Galiza non se celebraron eleccións que midan a representatividade das organizacións agrarias desde o ano 2002. Nestes momentos séguese a utilizar esta convocatoria, como criterio, por parte da Consellería, para elixir os interlocutores do medio rural.

O papel da INLAC, no que respecta aos prezos do leite, está sendo nefasto. Desde o ano 2002 até hoxe, o índice de prezos do leite o consumidor aumentou  un 24,2 e os produtos lácteos un 26,7, pola contra o prezo do leite pagado ao sector produtor baixou en torno a un 13%. Entón, desde a FRUGA preguntámonos, para que nos serven os representantes actuais dos gandeiros na INLAC?

Ao mesmo tempo, neste período  puidemos observar como as organizacións de produtores (OPs), non contribuíron a poder negociar uns prezos dignos para o leite que se produce en Galiza.

Igualmente que este tipo de organismos, hai que falar de que a día de hoxe, foron varios os proxectos comercializadores e transformadores que se puxeron en marcha no noso país, sen que isto significara un cambio na política de prezos que se lles paga as explotacións leiteiras galegas, que sigue a ser o máis baixo do estado español.

Segundo o noso criterio pensamos que  os gandeiros e gandeiras galegas, non temos porque aportar mais diñeiro para a INLAC, partindo da base de que certos axentes que se outorgan a representatividade das ganderías galegas non están referendados polo sector produtor, e na maior parte dos casos descoñecen a súa opinión, xa que nada se consulta con el. Igualmente pensamos que o papel das propias organizacións de produtores, non ten uns efectos positivos no que se refire a consecución duns prezos xustos para o leite producido en Galiza.

Vemos unha vez mais como a interprofesional láctea soamente sirve para os intereses da industria, que cada día aperta mais aos gandeiros, chegando a ameazar, nalgúns casos, con deixar de recoller, sen que por  parte da administración nin da propia interprofesional se faga nada ao respecto. Evidentemente que se a INLAC é un órgano  que so beneficia á industria, está claro que os gandeiros e gandeiras non temos porque financiar a súa actividade.

0.19095706939697