Fruga demanda a Medio Rural a convocatoria da Mesa da Pataca

TerraChaXa
A Federación Rural Galega (fruga) solicitou á Consellería do Medio Rural a convocatoria da Mesa da Pataca para tratar sobre os contratos homologados para evitar esta perda de ingresos.
2 Out 2018

A Federación Rural Galega (fruga) solicitou á Consellería do Medio Rural a convocatoria da Mesa da Pataca para tratar sobre os contratos homologados para evitar esta perda de ingresos.

Xosé Manuel Nieto, vogal da Fruga no Consello Regulador Pataca de Galiza, estima que na presente campaña o sector produtor vai perder poder adquisitivo.

Tal e como indican, todas as previsións apuntan a que a campaña de recollida do tubérculo deste ano, se presenta condicionada polas condicións climáticas adversas, así foi á hora da súa sementeira como agora no momento da súa recollida, o que provocara mingúas na produción de entre o 30 e o 40%.

Segundo a información que se baralla, entre os sector produtor, os prezos que se prevé que  pague o sector almacenista non van compensar as perdas causadas pola redución da produción o que vai provocar que o sector produtor vexa minguados os seus ingresos a respecto da campaña pasada.

Aínda que se fala de que os prezos deste ano sexan algo superiores aos do ano pasado, segundo información que circula entre os produtores e produtoras de pataca da zona da Limia esta suba non vai chegar para compensar a perda ocasionada pola redución da produción. Ademais hai que ter de conta que este ano que os custes de produción tamén foron mais elevados por causa dos tratamentos que se tiveron de dar para combater a presenza do míldio.

Se xuntamos que por hectárea imos ter menos quilos que o ano pasado e que para os producir tivemos de acometer mais gastos debido aos tratamentos que a maiores se tiveron de dar, chegamos á conclusión de que os prezos este ano terían de ser entre un 30 e un 40 por cento superiores aos do ano pasado, e moito nos tememos que non vai ser así.

Desde a FRUGA, neste sector como nos demais sectores produtivos agropecuarios, demandamos estabilidade nos ingresos do sector produtor, e esta estabilidade soamente se poderá garantir mediante o establecemento dos contratos homologados negociados entre todas as partes afectadas, e actuando a Consellería do Medio Rural como arbitro no proceso negociador.

Contratos homologados que, neste sector como nos outros, establezan un prezo mínimo e uns incrementos do mesmo en función da calidade do produto. Por todo isto desde a FRUGA demandamos da Consellaría do Medio Rural a convocatoria da Mesa da Pataca para tratar deste asunto, en concreto.

0.16856980323792