FSF Castro e Vilalba FS proclamáronse campións da Copa Deputación de Fútbol Sala
FSF Castro na categoría feminina, e Valdesuso Peugeot Vilalba FS, na masculina, proclamáronse este venres campións da II Copa Deputación de Fútbol Sala trala disputa da fase final do torneo en Sarria.
O vicepresidente e responsable do fútbol sala na Real Federación Galega de Fútbol Pablo Prieto, o vicepresidente na provincia de Lugo da RFGF Carlos Méndez e o deputado provincial de Deportes Efrén Castro entregaron os trofeos ás campioas e campións do torneo que se disputou ao longo da xornada no Pavillón de Sarria e no Pavillón José M. González "O Chanto", con catro equipos femininos e catro masculinos en liza e unhas gradas ateigadas de público.
O partido máis vibrante da xornada foi a final feminina, un emocionante encontro de rivalidade comarcal entre Vilalba FS e FSF Castro que se resolveu na prórroga (2-3) tralo 2-2 ao final do tempo regulamentario.
Semifinais masculinas
- CD Lugo Sala - Concello de Begonte FS (4-4 e clasificado Concello de Begonte FS nos penaltis)
- SD Xove FS - Valdesuso Peugeot Vilalba FS (2-3)
Final masculina
- Concello de Begonte FS - Valdesuso Peugeot Vilalba FS (1-4)
Semifinais femininas
- Vilalba FS - Lieders Futsal (1-0)
- FSF Castro - Pizzería Bahía Monterroso FSF (8-0)
Final feminina
- FSF Castro - Vilalba FS (2-3)