Fútbol gaélico nunha xornada aberta en Parga

TerraChaXa
A Coruña Fillos de Breogán e a Casa da Xente -a través da Asociación Xuvenil Xermolos- impulsan unha xornada aberta de fútbol gaélico no Campo Municipal de Fútbol Noreña Basanta de Parga.
2 Ago 2017

A Coruña Fillos de Breogán e a Casa da Xente -a través da Asociación Xuvenil Xermolos- impulsan unha xornada aberta de fútbol gaélico no Campo Municipal de Fútbol Noreña Basanta de Parga.

A proposta comezará ás once da mañá do sábado 5 de agosto cun adestramento dirixido por compañeiros da equipo A Coruña Fillos de Breogán aberto a toda persoa que queira participar.

Deseguido, arredor das doce do mediodía disputarase un encontro profesional mixto entre as equipas Fill@s de Breogán e Ártabr@s de Oleiros.

Haberá refrixerios á venda.

Pardiñas

A xornada gaélica empatará coa programación do XXXVIII Festival de Pardiñas que dará comezo ás cinco da tarde coa inauguración da XXIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e da XXXVIII Mostra de Artesanía. Posteriormente, celebrarase a XXXVIII Carreira Popular. Xa á noite a música correrá a cargo de Bloquinho de Xermolos, Os Melidaos, Quique Escamilla, Kalakan & Luís Peixoto, Cuíg e Skandalo GZ.

O domingo a sesión vermú correrá a cargo de Vintenbaio. Kote Malabar estará no festival ás catro e media para deixar paso ás seis e media ao concerto de Os Viqueiras de Ordes e ás sete ao pregón de Fina Casalderrey. A partir das oito e media, volverá a música con Abórriga, Davide Salvado e Banda, Yves Lambert Trio e Sacha na Horta.

0.16328692436218