Gaibor celebra esta fin de semana as festas patronais

TerraChaXa
Esta fin de semana volven as festas patronais a Gaibor, en Begonte, na honra de San Xosé. O sábado 7 dará comezo a celebración
25 Abr 2024

Esta fin de semana volven as festas patronais a Gaibor, en Begonte, na honra de San Xosé.

O sábado 27 dará comezo a celebración con misa solemne, ás 13.00 horas, e sesión vermú, que estará a cargo do grupo Fuxsion, que tamén se ocuparán da verbena pola noite xunto ao grupo Beatriz.

O día 28 a festa rematará coa sesión vermú, que estará amenizada por JB Son. Previamente haberá misa ás 14.00. horas, con procesión.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.18053579330444