Gaibor prepárase para celebrar as festas de San Xosé esta fin de semana

TerraChaXa
O sábado 2, os festexos comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú, amenizada por Punto Clave
festas-en-gaibor
28 Apr 2026

A parroquia de Gaibor, no concello de Begonte, vivirá unha fin de semana festiva os días 2 e 3 de maio con motivo das súas tradicionais festas en honra a San Xosé. A programación inclúe actos relixiosos, sesións vermú e verbenas para o goce de veciñanza e visitantes.

O sábado 2, os festexos comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú, amenizada por Punto Clave. Xa pola noite, a verbena estará a cargo da mesma formación e de Fania Blanco Show, que garantirán unha longa noite de música e baile.

O domingo 3 de maio, continúan cunha celebración da palabra ás 13:30 horas, a súa correspondente procesión e unha nova sesión vermú, nesta ocasión a cargo do trío Merengue, que porá o broche de ouro á fin de semana festiva.

Todos os actos desenvolveranse nun campo cuberto con carpa, garantindo así o desfrute da festa independentemente das condicións meteorolóxicas.

0.11549401283264