Gaioso arranca hoxe as súas festas patronais con verbena e a actuación de La Travesía e Verónica Cambón

LugoXa | TerraChaXa
Os festexos continuarán mañá, domingo 26 de xullo, cunha nova misa solemne ás 13.00 horas e a actuación de Superstar
banderines-festas-patronais
25 Jul 2026

A parroquia de Gaioso, no concello de Outeiro de Rei, celebra este sábado a primeira xornada das súas festas patronais na honra de Santiago Apóstolo e Santa Ana cun programa que combina os actos relixiosos coa música e a verbena.

A celebración comezará ás 13.00 horas cunha misa solemne, á que seguirá a tradicional sesión vermú amenizada pola orquestra La Travesía, encargada de poñer o ambiente festivo durante o mediodía.

Xa pola noite, a programación continuará cunha gran verbena na que volverá actuar La Travesía, compartindo escenario coa cantante Verónica Cambón, nunha cita que reunirá a veciñanza e aos visitantes para desfrutar da primeira noite das festas.

Os festexos continuarán mañá, domingo 26 de xullo, cunha nova misa solemne ás 13.00 horas. A continuación celebrarase a sesión vermú e, xa pola noite, a verbena estará protagonizada pola orquestra Superstar, que será a encargada de pechar esta edición das festas patronais de Gaioso.

0.12913990020752