Galicia Baleira reclama á Xunta a gratuidade do servizo de televisión nos hospitales públicos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Explican que a propia Consellería de Sanidade publicou na súa páxina web, en marzo do ano 2020, a súa pretensión de levar esta medida a algúns hospitais públicos
television-adamo-a-carta
Héctor Corujo fixo entrega da documentación para ser deputado
21 Jul 2024

Desde a Plataforma “Galicia Baleira”, que aglutina as Federacións provinciais de Asociacións Veciñais Lucus Augusti de Lugo e Limiar de Ourense, respectivamente, solicitaron á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade, a gratuidade do servizo de televisión nas habitacións do 100 % dos hospitais públicos de Galicia.

A este respecto, desde a Plataforma Galicia Baleira, consideran "pouco razoable" que durante un ingreso hospitalario en calquera dos hospitais públicos da Comunidade Autónoma galega, o/a paciente ou os seus familiares deban abonar como un servizo extra e do seu propio peto o servizo de televisión na habitación, xa que é necesaria a adquisición dunha tarxeta e abono por horas dese
servizo nas habitacións.

Neste sentido, defenden tamén que o mantemento dos hospitais públicos de Galicia faise a través dos impostos dos contribuíntes de Galicia; e, por tanto, "resulta lóxico e esixible que estes dispoñan dos mellores medios e equipamentos técnicos e humanos, á vez que sexan dotados dos servizos oportunos para facer máis levadía a estancia hospitalaria, sempre difícil física e psicoloxicamente para calquera persoa".

Explican que a propia Consellería de Sanidade da Xunta publicou na súa páxina web, en marzo do ano 2020, a súa pretensión de levar esta medida a algúns hospitais públicos ao longo da Comunidade Autónoma. Na actualidade, mes de xullo do ano 2024, "comprobamos que aínda non se estendido á totalidade dos hospitais públicos de Galicia, que é precisamente o que solicitamos desde a Plataforma Galicia Baleira, para que todos/as os/as pacientes dispoñan dos mesmos dereitos, independentemente do seu lugar de ingreso", dixo.

0.14956998825073