Gandeiros acusan a Lactalis de coacción para firmar os contratos do leite con perdas

TerraChaXa | LugoXa
A plataforma Gandeiros Lácteos Unidos denuncia que Lactalis "segue presionando baixo ameazas aos gandeiros para que incumpran a lei".
manifestacion gandeiros lactalis vilalba
3 Xan 2022

A plataforma Gandeiros Lácteos Unidos a cal unifica a varias asociacións e organizacións de produtores de leite, denuncia que Lactalis "segue presionando baixo ameazas aos gandeiros para que incumpran a lei da cadea alimentaria e asinen os contratos a perdas".

Así o anunciaron despois da reunión con Lactalis noutro intento de negociación de contratos coa OPL do Sur.

A OPL mantense en non asinar contratos que non cubran custos de produción como ordena a lei da cadea alimentaria, "para non incumprir por parte dos gandeiros dita lei, ademais tamén de saír prexudicados economicamente ao non cubrir custos co que Lactalis está a ofrecer", din.

O colectivo de gandeiros reiterouse en non asinar por baixo de 0,40 céntimos que se estipula como prezo mínimo para cubrir custos. Despois de non chegar a un acordo que satisfaga a ningún dos dous unha vez concluída, deixaron aberta a situación para seguir tentando a negociación. Pedindo "se é necesario que o Ministerio nomee a un mediador como di dita lei".

Afirman que Lactalis enviou unha carta ameazante "tentando extorsionar" aos gandeiros que representa a OPL do Sur. "Presionando a asinar a dous días de terminar o contrato. Cando mentres hai unha vontade de seguir negociando o contrato, non poden deixar de recoller o leite como di dita lei", explican.

0.19512891769409