Goá celebrará esta fin de semana as festas na honra de San Urbano e da Virxe de Lourdes

TerraChaXa
A noite do sábado, a partir das 23.00 horas, terá lugar unha gran verbena a cargo do propio grupo Fénix e da discoteca móbil EvenTec
festas-goa-cospeito
5 Jun 2026

A parroquia de Goá, no concello de Cospeito, celebrará os días 6 e 7 de xuño as súas tradicionais festas na honra de San Urbano e da Virxe de Lourdes cun programa relixioso e festivo que incluirá misas, procesións, sesións vermú e verbenas.

Os festexos comezarán o sábado 6 de xuño cunha misa solemne ás 14.00 horas, seguida da procesión e dunha sesión vermú amenizada polo grupo Fénix. Pola noite, a partir das 23.00 horas, terá lugar unha gran verbena a cargo do propio grupo Fénix e da discoteca móbil EvenTec.

A programación continuará o domingo 7 de xuño cunha nova misa solemne ás 14.00 horas e a posterior procesión. A xornada contará tamén coa actuación dos Asubiíños da Chaira e cunha sesión vermú amenizada polo Dúo Belinda.

A organización destaca que o recinto festivo contará con campo cuberto mediante carpa, garantindo así o desenvolvemento das celebracións independentemente das condicións meteorolóxicas.

As festas de Goá volverán reunir veciñanza e visitantes nunha fin de semana marcada pola tradición relixiosa, a música e a convivencia, consolidándose como unha das citas festivas destacadas destas datas na comarca chairega.

0.11112308502197