Goá, en Cospeito, está de festa a fin de semana

TerraChaXa
A localidade de Goá, en Cospeito, celebra esta fin de semana as súas festas patronais, na honra a San Jorge. 
festas goa portada
festas goa portada
16 abr 2024

A localidade de Goá, en Cospeito, celebra esta fin de semana as súas festas patronais, na honra a San Jorge.

As celebracións darán comezo o sábado, ás 13.30 horas, coa celebración da misa solemne seguida da procesión e a sesión vermú, que estará a cargo do grupo Fénix.

Este mesmo grupo amenizará a verbena xunto a París de Noia.

O domingo repetirase o programa con misa e procesión á mesma hora, seguida da sesión vermú, que estará a cargo da orquestras Stereo.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.