Goberno celebra esta fin de semana as súas festas

LugoXa | TerraChaXa
A sesión vermú e a verbena estará ao cargo da orquestra Alianza
festas-en-goberno-portada
Cartel das festas
21 Maio 2024

A parroquia de Goberno, en Castro de Rei celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Martiño. O sábado 25 a música dará comezo ás 13.00 horas cun concerto do grupo Os Valuros, para continuar coa misa solemne e a procesión a partir das 13.30 horas.

A sesión vermú e a verbena estará ao cargo da orquestra Alianza, que fará dobre sesión ao mediodía e á noite en sesión verbena.

Durante a tarde, a partir das 18.00 horas, haberá actividades con animación para os pequenos e inchables de balde.

O domingo haberá misa solemne ás 13.30 horas seguida de sesión vermú co dúo Epo-K, actuación que porá o punto e final á celebración. Antes da misa, ás 13.00 actuará a Banda Municipal de Meira.

festas-en-goberno
0.18233418464661