Goiriz celebra a Romaría de San Adriano con música, gastronomía e ruta cabalar

TerraChaXa
O programa dará comezo pola mañá coas misas ás 11:00, 12:00 e 13:30 horas, seguidas da tradicional procesión e a sesión vermú co grupo D'Noche
romeria-san-adriano-goiriz
24 May 2026

A parroquia de Goiriz (Vilalba) prepárase para vivir unha nova edición da súa tradicional Romaría de San Adriano, que terá lugar o sábado 30 de maio, cunha xornada chea de actividades para todos os públicos, que combina tradición relixiosa, festa popular, gastronomía e o xa clásico atractivo da Ruta Cabalar.

O programa dará comezo pola mañá coas misas ás 11:00, 12:00 e 13:30 horas, seguidas da tradicional procesión e sesión vermús co grupo D'Noche.

Haberá  Ruta Cabalar, un dos pratos fortes do evento, que dará comezo ás 9.30 horas desde a Capela do San Adriano con pinchos á metade do percorrido. A organización lembra que cada xinete será responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo. Para participar na ruta, será necesario anotarse antes do 25 de maio nos teléfonos 662 211 768 e 690 105 347.

O menú da comida popular, que terá lugar baixo carpa cuberta, inclúe empanada, xamón cocido, polbo, churrasco mixto, criollos, sobremesa, café, bebidas e licores, cun prezo de 35 euros por persoa (gratis para menores de 5 anos e 17,50 euros para nenos de 6 a 12 anos). Os tíckets poden adquirirse en Casa Zapateiro e As Nubes, ata o 25 de maio.

Ademais, haberá sorteos e varios agasallos pola tarde, con tardeo e verbena a cargo do dúo Calibre e a orquestra D'Noche.

0.11949777603149