Goiriz celebra o próximo sábado a tradicional romaría na honra á Virxe de Fátima

TerraChaXa
Terá lugar unha comida de confraternidade na Casa Escola logo da misa e pola tarde haberá sesión musical
xuntanza-casa-escola-goiriz
4 Oct 2026

A parroquia de Goiriz, en Vilalba, celebrará o vindeiro sábado 10 de outubro a súa tradicional romaría na honra á Virxe de Fátima, unha cita moi agardada pola veciñanza que combina os actos relixiosos coa convivencia e o aniversario da Casa Escola.

A xornada comezará cunha misa na capela da Fátima ás 13:30 horas. A continuación, terá lugar un xantar de confraternidade na Casa Escola, servida polo establecemento Catering Rochela. O menú incluirá fideua, polbo, carne asada con patacas fritas, queixo, pan, bebida, café e licores. Para a cea ofreceranse empanadas, xamón, pan, queixo, bebida e café.

Tras a comida, a festa continuará cunha sesión de tarde amenizada con música, para que as persoas asistentes poidan desfrutar dun ambiente festivo e de reencontro veciñal.

As reservas poden realizarse a través dos teléfonos 647 40 17 75 (Rochela) e 636 00 42 30 (Nélida).

0.15743494033813