Gontán celebrará finalmente este sábado a Feira de Santos

TerraChaXa
Un ano máis, o recinto feiral de Gontán acollerá este sábado, 5 de novembro, a tradicional Feira de Santos.
feira de santos gontan abadin
feira de santos gontan abadin
17 Nov 2023

Un ano máis, o recinto feiral de Gontán, en Abadín, acollerá este sábado, 18 de novembro, a tradicional Feira de Santos. Esta tivo que ser aprazada desde a súa data orixinal, o 4 deste mes, por mor do temporal.

Este ano haberá de novo concurso de gando no que se premiarán as mellores reses equinas e bovinas onde se repartirán un total de sete premios de cen euros. A entrega está prevista para as 14.00 horas.

Distinguirase o mellor exemplar bovino, equino, mellor cría bovina, mellor cría equina, maior número de cabezas de gando bovino e equino ou mellor exemplar equino de silla.

Non faltarán os postos de comida de polbo e churrasco e os expositores de diversos feirantes e artesanía. Rematará a festa cunha verbena pola noite.

feira de santos gontan abadin
0.17921590805054