Grandes festas en San Lorenzo de Aguiar na honra da Virxe da Saúde

A parroquia de San Lorenzo de Aguiar prepárase para vivir unha fin de semana chea de celebracións con motivo das tradicionais festas na honra da Virxe da Saúde, que terán lugar os días 30 e 31 de maio.
O programa dará comezo o sábado, cunha misa solemne ás 13:30 h, seguida dunha sesión vermú a cargo do grupo Punto Clave. Pola noite, a verbena estará animada polo mesmo grupo xunto a DJ Patakiña, que fará bailar a todo o público ata altas horas da madrugada.
O domingo repetirase a misa solemne e a sesión vermú, de novo coa música en directo da orquestra Escaparate.