Gueimonde celebrará este domingo as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme

A parroquia de Gueimonde, no concello de Pastoriza, celebrará este domingo 12 de xullo as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme cun programa que combinará os actos relixiosos, a música e a convivencia veciñal.
A xornada dará comezo coa misa solemne, prevista para as dúas da tarde, en honra á patroa da parroquia. Ao remate dos actos relixiosos terá lugar a tradicional sesión vermú, que estará amenizada polo Grupo Alba, formación encargada tamén de poñer a música á verbena da noite.
Ademais, a organización promoverá un xantar veciñal, unha actividade pensada para fomentar a convivencia e o encontro entre os habitantes da parroquia e visitantes nunha xornada marcada pola tradición e a celebración colectiva, que terá lugar o día 28 de xuño.
As celebracións completaranse cun bingo popular e coa actuación musical de Belén Arencibia, que contribuirá ao ambiente festivo dunha cita moi agardada polos veciños e veciñas da zona.