Guitiriz abre en Pígara un ciclo de concertos polas parroquias

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz dá inicio ao ciclo de concertos Musiqueando, unha iniciativa que achegará ás parroquias de Guitiriz concertos.
MUSIQUEANDO CICLO CONCERTOS PARROQUIAS PORTADA
MUSIQUEANDO CICLO CONCERTOS PARROQUIAS PORTADA
22 Mar 2023

O Concello de Guitiriz dá inicio ao ciclo de concertos Musiqueando, unha iniciativa que achegará ás parroquias de Guitiriz concertos a cargo das agrupacións musicais.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, xunto ao director da Banda Municipal e Escola de Música, deron a coñecer este programa, que ten como principal obxectivo difundir e poñer en valor o labor que desenvolven durante todo o ano as agrupacións musicais do concello, así como acercar a música á cidadanía e ir acostumando ao alumnado, pais, nais e resto dos veciños e veciñas a aproximarse á música en vivo.

Participarán: a banda municipal de música, escola de gaitas municipal e a UNED Sénior A Coruña/Guitiriz. A primeira parada é na Escola de Pígara, o día 31 de marzo, as 20:30 horas.

MUSIQUEANDO CICLO CONCERTOS PARROQUIAS
0.19545388221741