Guitiriz abre o prazo para a inscrición nos campamentos de verán

TerraChaXa
O mércores 1 de marzo abre o prazo de inscrición para os campamentos de verán do mes de xullo en Guitiriz.
campamento veran guitiriz portada
campamento veran guitiriz portada
25 feb 2023

Concello de Guitiriz abrirá o próximo mércores, 1 de marzo, o prazo de inscrición dirixido a persoas empadroadas no municipio para anotarse nos campamentos municipais de verán do mes de xullo.

A oferta, dirixida a rapaces e rapazas nados entre os anos 2007 e 2015 (ambos incluídos), levarase a cabo do 3 ao 7 de xullo e inclúe unha visita ao Aquapark de Cerceda (3 de xullo), surf e kaiak na mariña lucense (4 de xullo) e actividades na estación de montaña de Manzaneda (do 5 ao 7 de xullo).

As persoas empadroadas teñen ata o 17 de marzo para anotarse e, se quedan prazas libres, abrirase outra quenda, do 20 ao 24 de marzo, para os non empadroados. A inscrición pode realizarse de forma presencial no Rexistro ou a través da sede electrónica municipal. As prazas son limitadas, tendo que formarse un grupo mínimo de 25 persoas para realizar a actividade e cun límite de 40 participantes.

O prezo do campamento completo para empadroados é de 120 euros, un importe que xa incorpora un desconto asumido polo Concello de 50 euros por participante máis o seguro, e para os non empadroados é de 180 euros.

Para máis información, no teléfono do Concello 982 970 109 ou no correo electrónico deportes@concellodeguitiriz.com.

campamento veran guitiriz