Guitiriz abre o prazo para inscribirse no obradoiro de cerámica
TerraChaXa
As prazas son limitadas, con preferencia para as persoas empadroadas en Guitiriz
16 Out 2024
O Concello de Guitiriz abriu hoxe, mércores 16 de outubro, o prazo de matrícula do obradoiro de cerámica que se impartirá desde o mes de novembro no soto da Casa Habanera.
A inscrición estará aberta ata o 31 de outubro e pode formalizarse a través da sede electrónica municipal ou de xeito presencial no Rexistro. As prazas son limitadas, con preferencia para as persoas empadroadas en Guitiriz. O prezo é de 25 euros ao mes e estipulouse que o pago dos recibos sexa trimestral.
Neste curso hai clases os venres, con quenda de mañá (de 11.00 a 13.00 horas) e de tarde (de 18.30 a 20:30 horas).