Guitiriz abre o vernes a VII exposición fotográfica ‘Tal como eramos’

TerraChaXa
A Escola Habaneira acollerá desde o vindeiro venres, 20 de xaneiro, a nova exposición de fotografía antiga de Guitiriz e a súa xente, Tal como eramos.
17 Jan 2023

A Escola Habaneira acollerá desde o vindeiro venres, 20 de xaneiro, a nova exposición de fotografía antiga de Guitiriz e a súa xente, Tal como eramos.

Nesta VII edición, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, mostraranse 120 fotos en branco e negro e de temática diversa; lugares, festas, persoas soas ou en grupos, traballos, ocio ou deporte da nosa vila.

A mostra inaugurarase o venres 20 de xaneiro, ás 20:00 horas, e estará aberta para todos os públicos. Ademais, ese mesmo día realizarase o visionado comentado de todas as fotos expostas e tamén actuarán o grupo de pandereteiros/as Na casa Zoqueiro e a Coral de  Xermolos.

As persoas que visiten esta exposición poderán gozar e aprender como era a nosa vila hai décadas e como vivían, como vestían, como se divertían e como traballaban as persoas habitantes de Guitiriz da segunda metade do século pasado.

0.18423891067505