Guitiriz acolle este venres un espectáculo familiar
TerraChaXa
O Concello de Guitiriz programa para este venres, na praza do Campo da Feira, o espectáculo 'O ladrón de paraugas'
13 Xul 2022
O Concello de Guitiriz programa para este venres, 15 de xullo, o espectáculo “O ladrón de paraugas” enmarcado no programa Cultura no Camiño.
Trátase do espectáculo do exitoso libro de Xosé Lueiro, que conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de Dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento.
A actividade, que vai dirixida a un público familiar, dará comezo ás 19:00h na Praza do Campo da Feira, sempre e cando as temperaturas o permitan. No caso de que os temómetros marquen temperaturas moi elevadas, o show trasladarase á Casa Habanera.